jueves, 26 de mayo de 2016

Nacerán frores

Lostregos,
No ceo cuberto,
Mensaxes de deuses,
Contando historias de tierras lexanas.
Contando de cando choveron bágoas
No mar,
De cando hoveron gotas de sangue,
Sudor,
E novamente bágoas.
Choveron
De súpeto, sobre nós,
todas as loitas non gañadas,
E as non loitadas,
que tamén choveron,
mollaronnos todavía máis.
Mollaron as nosas terras
E creceron flores.
Mollaronon os nosos pes.
Mollou as nosas raíces
a saliva das linguas
que falan a nosa.
E de súpeto
erguimonos entre os lostregos,
erguimonos baixo a choiva,
Con frores nos beizos,
con frores nas mans.
Coa fronte alta,
para decir que somos
o que sempre quixemos ser,
e somos nosos.
Somos, o pobo das meigas que arderon no lume.
 E nos das cinzas renacemos.
Que das nosas cinzas, nacerán frores.