domingo, 5 de junio de 2016

para querernos

Para chamarte de madrugada, 
recitarte poemas ao oído, 
cantar contigo estribeillos de Extremoduro.
Esquecernos do mundo, 
ti e mais eu, 
como facemos cada tarde, 
que arde o sol
ao ritmo das nosas linguas. 
Para dicirte "bótote de menos", 
para erguernos xuntos, 
facer o amor ao luscofusco
e conservar o amor feito
ata 
o amencer. 
Para bañarme nas túas bágoas, 
contarte as miñas mañás, 
verme sorrir, 
verte sorrir. 
Para falar en plural, 
escoitarnos rir, 
escoitarnos xemer, 
suspirar, 
escoitarnos cantar. 
Escoitar o ruído
do noso vivir. 
Para querernos
enteiros, 
para esquecer o meu olor
tendo o teu 
nas miñas sabanas. 
Para durmir
e espertar 
e botarnos de menos
como fago incluso
cando estás preto. 
Para desentoar calquera canción, 
que fale de amor
e creamos escrita para nós. 
suor e saliva, 
escuridade e calor. 
vida,
insomnio, 
teu. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Y tú, ¿opinas lo mismo que yo? ¿estás en desacuerdo?¿tienes un blog que quieres que visite? ¿te gusta, te disgusta? ¡Comenta y haz brillar mi sonrisa!